DÍA MUNDIAL DA DIABETES

O próximo luns, 14 de novembro, conmemórase o DÍA MUNIDAL DA DIABETES. Este ano a campaña céntrase en a tan necesaria educación diabetolóxica, baixo o lema EDUCAR PARA PROTEXER O FUTURO.

As persoas con diabetes deben tomar decisións diarias sobre a xestión da súa doenza e para ello e preciso recibir a educación e información necesaria que axude a levar unha vida saudable e evite futuras complicaciones. Pero non só necesitan esa formación os pacientes e as súas familias, se nón tamén @s profesionais da saúde. Os novos tratamentos e as novas tecnoloxías fan necesario un reciclaxe continuo destos profesionais para que podan transmitir estes coñecementos de forma axeitada. Formando aos pacentes consíguese unha maior adherencia ao tratamento o que se traduce en unha mellor calidade de vida.

Non vos podedes perder a charla do próximo sábado 19 de novembro na SEDE AFUNDACIÓN FERROL sobre as «Enfermedades y complicaciones asociadas a la Diabetes» con la Dr. Laura Cotovad y el DR. Angel Aneiros Díaz

#DiaMundialDeLaDiabetes

#EducarParaProteger

3ª ETAPA: O CAMIÑO PORTUGUÉS

Esta fin de semana finalizamos OS CAMIÑOS DA DIABETES, proxecto beneficiario do programa O TEU XACOBEO da Xunta de Galicia.

O sábado partimos de Caldas de Reis ata Pontecesures, ás beiras do río Ulla. Ao norte da provincia de Pontevedra. Tivemos sorte e o tempo acompañounos a pesares de ameazar choiva polo que chegamos á vila e puidemos disfrutar percorrendo as súas rúas e a contorna.

Pola tarde foi un pracer escoitar a BLACK, SPECIAL SOUL que amenizounos a velada coa súa música e a Andrés Peña Álvarez, psicólogo, enfermeiro educador en diabetes e persoa con Diabetes tipo 1 que falounos do “Presente e futuro da Diabetes tipo 2”.

O domingo 25 de septembro, por fin, OS CAMIÑOS DA DIABETES chegaron ata a Santiago de Compostela!!!

Unha experiencia moi positiva, na que tentamos achegar a realidade da diabetes a parte da poboación galega que non ten acceso a formación nesta enfermidade ao mesmo tempo que puxemos en práctica os nosos coñecementos á hora de realizar unha actividade física que, nalgún momento, resultounos extenuante.
Queremos agradecer unha vez máis a todos aqueles que colaboraron connosco nesta aventura: Concello de Narón , Concello de Mondoñedo , Concello de Portomarín , Concello De Pontecesures , AECC A Coruña , Aventeira. Cooperativa de Educación e Lecer , Noelia Castro Podoloxia, Ermitas Treus Piñeiro, Andres Peña Álvarez e os artistas que nos entretiveron nestas xorrnadas: Trivilorio Impro , Kiko Pastur , Black Special Soul. Moitas grazas a todos e… ata a próxima!!!

*Todas as persoas que participaron nesta actividade teñen a pauta de vacinación completa e sempre antes de cada Camiño cada un deles fíxose un test de antíxenos

https://xacobeo2021.caminodesantiago.gal/…/o-teu-xacobeo
#OteuXacobeo
#Xacobeo2021
#OsCamiñosdaDiabetes

3º Etapa

2ª ETAPA: O CAMIÑO FRANCÉS

Unha nova fin de semana con OS CAMIÑOS DA DIABETES, proxecto beneficiario do programa O TEU XACOBEO da XUNTA DE GALICIA.

Seguimos na provincia de Lugo. O sábado pola maña partimos de Sarria ata chegar a Portomarín, aos pés do río Miño e final desde Camiño Francés. Unha vila con moita historia que merece a pena percorrer. O domingo moi cedo salimos dirección a Palas de Rei para dar como finalizado este tramo.
A próxima fin de semana é a terceira e  última etapa. Chegarmeos ao noso destino: Santiago de Compostela.

Os nosos agradecementos ao Concello de Portomarín pola súa colaboración para a realización das nosas actividades,a Ermitas Treus Piñeiro, enfermeira educadora en diabetes no Hospital da Barbanza, por la súa charla «Manual de supervivencia do paciente que inicia con insulina» e a Kiko Pastur polo séu espectáculo de maxia e, por suposto, a Aventeira. Cooperativa de Educación e Lecer que nos acompaña en esta aventura

https://xacobeo2021.caminodesantiago.gal/…/o-teu-xacobeo
#OteuXacobeo
#Xacobeo2021
#OsCamiñosdaDiabetes

2º etapa: O Camiño Francés

1ª ETAPA: O CAMIÑO NORTE

Esta fin de semana, comezamos o Camiño desde Lourenzá. Antes de partir, visitamos o Mosteiro de San Salvador, fundado no século X, de gran importancia patrimonial. Foron 8 kilómetros ata chegar a Mondoñedo. Alí tivemos a ocasión de percorrer a súas rúas e visitar o Centro de Interpretación do Camiño Norte. O día seguinte partimos hacia Abadín para finalizar este tramo.

Queremos agradecer a Noelia Castro Podoloxia pola charla que nos ofreceu sobre Pé Diabético e a Trivilorio Impro polo bo intre que nos fixeron pasar. Grazas tamén a la Asociación Española Contra el Cáncer de A Coruña por lembrarnos que hai que protexerse do sol e doar protección solar para tod@s @s participantes de OS CAMIÑOS DA DIABETES. E por suposto o noso agradecemento ao Concello de Mondoñedo pola súa boa acollida.

O próximo finde de semana, máis..

https://xacobeo2021.caminodesantiago.gal/…/o-teu-xacobeo
#OteuXacobeo
#Xacobeo2021
#OsCamiñosdaDiabetes

Etapa 1

OS CAMIÑOS DA DIABETES – VOLTA A RÍA

Un novo roteiro de adestramento nesta mañá de domingo. Esta vez unha volta á Ría que empezaba e finalizaba en Narón, pasando por Neda e Fene.

Queredes saber máis desta actividade que está a desenvolver a nosa asociación? Que poboacións visitaremos, que camiños nos levarán ata o noso destino?

Pois estade atent@s aos próximos días…

OS CAMIÑOS DA DIABETES, do proxecto «O Teu Xacobeo»

https://xacobeo2021.caminodesantiago.gal/…/o-teu-xacobeo

#OteuXacobeo

#Xacobeo2021

#OsCamiñosdaDiabetes

OS CAMIÑOS DA DIABETES

O pasado ano foi moi duro para todos nós, pero aos poucos imos recuperando a nosa vida anterior. Unha das cousas que quedou pendente é hora de poñerla en marcha…
 
Se tes diabetes e eres soci@ de calquera das asociacións que compoñen FEGADI, participa connosco neste proxecto beneficiario do programa «Ou teu Xacobeo», OS CAMIÑOS DA DIABETES, porque diabetes e actividade física van unidas da man.
 
Achegaremos a poboacións rurais, onde non existen Asociacións para Persoas con Diabetes, a realidade da diabetes realizando actividades de sensibilización que permitan identificar os seus síntomas á vez que participaremos da riqueza cultural da zona
 
O TEÚ XACOBEO1

DIABETES: DEMASIADO TEMPO CONVIVINDO CON ELA

Levar moitos anos cunha enfermidade crónica, como é a diabetes, onde cada día hai que tomar decisións e non sempre saen as cousas como deberían, produce unha fatiga crónica que ás veces nos leva a pensar en «tirar a toalla». Con este taller que nos ofrece Centro de Psicología VITEI daránsenos as ferramentas para o control do estrés e outros recursos que facilitarán ter un maior dominio sobre a nosa vida e polo tanto unha mellor saúde mental.

Inscríbeche antes do 12 de abril no seguinte correo  taller@diabeticosferrolterra.org

Taller gratuito con preferencia soci@s ADF.

FATIGA EMOCIONAL