TALLER FORMATIVO: ANÁLISE DA CESTA DA COMPRA

A importancia de saber o que comemos.

O vindeiro sábado faremos una análise da cesta da compra: como ler e entender a etiquetaxe e descubrir azucres ocultos da man de  Cristina Porca, nutricionista e dietista no Hospital Naval Ferrol

Prazas limitadas. Preferencia socios y socias ADF

‼️IMPRESCINDIBLE inscrición 📝 no correo taller@diabeticosferrolterra.org o no WhatsApp da asociación

TALLER FORMATIVO: GESTIÓN DE GLUCEMIAS Y TÉCNICAS DE INYECCIÓN

O pasado sábado, 9 de maio, tivemos un taller formativo a cargo do noso educador en diabetes sobre a importancia de rotar a zona onde inxectamos a insulina para previr as lipodistrofias que impiden unha correcta absorción desta. Tamén falamos de como xestionar as hipoglicemias e cómo debemos actuar ante esta situación.

É moi importante non deixar nunca de lado a educación diabetolóxica para saber afrontar todas as situacións polas que pasa unha persoa con diabetes.

FERIA DA SAÚDE

O pasado 22 de abril fomos invitados a participar na FEIRA DA SAÚDE por mor do 50 aniversario do Hospital Arquitecto Marcide, onde puidemos dar a coñecer o traballo que desenvolvemos desde a nosa asociación para o colectivo de persoas con diabetes.

Hai que agradecer ao Área Sanitaria de Ferrol o ofrecernos a oportunidade de dar a coñecer o noso labor a todas as persoas que ese día pasaron polo hospital

TALLER DE EDUCACIÓN DIABETOLÓXIA «ACTUALIZACIÓN SISTEMAS DE MEDICIÓN CONTINUA E SENSORES»

O pasado sábado, tivemos a oportunidade de coñecer o funcionamento dos sistemas de medición continua e sensores que hai no mercado, sobre todo dos que están incluídos no sistema de financiamento do Sistema Nacional de Saúde e que nos poden facer a vida con diabetes moito máis fácil.
Ampliar ou actualizar os nosos coñecementos son a base para saber xestionar a nosa diabetes.

CONDUCIENDO CON RESPONSABILIDADE E DIABETES

O pasado sábado, no Hotel Almirante Ferrol, tivemos unhas charlas moi interesantes.

A primeira delas: Conduciendo con responsabilidade e diabetes, indícanos a importancia e obligación de declarar esta condición á hora de renovar o carnet de conducir, así como a necesidade de levar suplementos que nos remonten ante unha hipoglucemia e non seguir ao volante se nos atopamos mal.

A continuación o presidente de ALCER Coruña falóunos da Enfermedad Renal Crónica, por desgracia asociada nalgúns casos á diabetes e a importancia da doazón de órganos

Por último, o presidente da nosa asociación presentóunos o proxecto CRECER SEN DIABETES, unha iniciativa enfocada no diagnóstico precoz da diabetes tipo I

XORNADA 14 DE NOVEMBRO

A xornada do 14 de novembro, dedicámola a promover a concienciación e prevención da diabetes e estivemos a informar, a todos aqueles que se achegaron ás nosas mesas, sobre a importancia de levar unha vida saudable.


Queremos agradecer o apoio ofrecido aos responsables e traballadores tanto do Hospital Arquitecto Marcide como do C.S. de Caranza,así como aos estudantes do grao de Enfermería e Podoloxía da Facultade de Enfermaría e Podoloxía, Universidade da Coruña por estar aí un ano máis poñendo os seus coñecementos á nosa disposición

ACADEMIA ARESXSALUD CEAS SAUDABLES

Hoxe estivemos en Ares xunto con OÍDO COCIÑA elaborando ceas saudables, nunha actividade coordinada co Concello de Ares e #RECAPS Ferrol, porque unha alimentación sa non ten por que ser aburrida.


Levar unha vida activa e saudable prevén ou retrasa a aparición de diabetes tipo II, por iso é moi importante a implicación das administracións nas tarefas de divulgación.


Moitas grazas por contar connosco nesta ocasión