Haciendo camino

A Asociación únese ao proxecto da Federación Española de Diabetes (FEDE) e a Fundación para a Saúde Novo Nordisk España (FSNN) no reto para percorrer os últimos 101,7 km do Camiño Portugués pola Costa ata Santiago de Compostela.

#HaciendoCamino ten como obxecto visibilizar a diabetes e mostrar que ter diabetes non é un impedimento para levar unha vida activa e saudable.

Ao finalizar cada etapa profesionais da saúde imparten sesións educativas sobre o control da diabetes, alimentación, exercicio físico… porque Facendo o Camiño non só consiste en camiñar, senón en recibir a formación necesaria para afrontar o noso día a día coa diabetes.

O vindeiro domingo 21 de setembro, alcanzaremos a meta ao chegar á Praza do Obradoiro en Santiago de Compostela, despois de pasar por localidades como Redondela, Pontevedra, Caldas de Reis e Padrón…