O pasado venres, estivemos en Oído cociña preparando uns cantos pratos saudables substituíndo a pasta e o arroz por outros alimentos cun menor índice glicémico para evitar eses picos de glicosa postprandiales. Mirade qué pinta tan boa!!.
Estade atentas e atentos ás próximas datas dos talleres
Actividades
TALLER DE EDUCACIÓN DIABETOLÓXIA «ACTUALIZACIÓN SISTEMAS DE MEDICIÓN CONTINUA E SENSORES»
O pasado sábado, tivemos a oportunidade de coñecer o funcionamento dos sistemas de medición continua e sensores que hai no mercado, sobre todo dos que están incluídos no sistema de financiamento do Sistema Nacional de Saúde e que nos poden facer a vida con diabetes moito máis fácil.
Ampliar ou actualizar os nosos coñecementos son a base para saber xestionar a nosa diabetes.
CONDUCIENDO CON RESPONSABILIDADE E DIABETES
O pasado sábado, no Hotel Almirante Ferrol, tivemos unhas charlas moi interesantes.
A primeira delas: Conduciendo con responsabilidade e diabetes, indícanos a importancia e obligación de declarar esta condición á hora de renovar o carnet de conducir, así como a necesidade de levar suplementos que nos remonten ante unha hipoglucemia e non seguir ao volante se nos atopamos mal.
A continuación o presidente de ALCER Coruña falóunos da Enfermedad Renal Crónica, por desgracia asociada nalgúns casos á diabetes e a importancia da doazón de órganos
Por último, o presidente da nosa asociación presentóunos o proxecto CRECER SEN DIABETES, unha iniciativa enfocada no diagnóstico precoz da diabetes tipo I
XORNADA 14 DE NOVEMBRO
A xornada do 14 de novembro, dedicámola a promover a concienciación e prevención da diabetes e estivemos a informar, a todos aqueles que se achegaron ás nosas mesas, sobre a importancia de levar unha vida saudable.
Queremos agradecer o apoio ofrecido aos responsables e traballadores tanto do Hospital Arquitecto Marcide como do C.S. de Caranza,así como aos estudantes do grao de Enfermería e Podoloxía da Facultade de Enfermaría e Podoloxía, Universidade da Coruña por estar aí un ano máis poñendo os seus coñecementos á nosa disposición
ACADEMIA ARESXSALUD CEAS SAUDABLES
Hoxe estivemos en Ares xunto con OÍDO COCIÑA elaborando ceas saudables, nunha actividade coordinada co Concello de Ares e #RECAPS Ferrol, porque unha alimentación sa non ten por que ser aburrida.
Levar unha vida activa e saudable prevén ou retrasa a aparición de diabetes tipo II, por iso é moi importante a implicación das administracións nas tarefas de divulgación.
Moitas grazas por contar connosco nesta ocasión
TU ALIADA NA DIABETES: UNHA ALIMENTACIÓN INTELIXENTE
O sábado 26 de abril, no local da asociación, Cristina Porca, dietista e nutricionista no Hospital Naval de Ferrol falounos de como unha dieta saudable pode axudarnos a controlar a nosa diabetes.
Sempre é necesario facer un recordatorio dos nosos coñecementos que ás veces parecen olvidados e tamén, por que non, amplialos.


