O pasado venres, estivemos en Oído cociña preparando uns cantos pratos saudables substituíndo a pasta e o arroz por outros alimentos cun menor índice glicémico para evitar eses picos de glicosa postprandiales. Mirade qué pinta tan boa!!.
Estade atentas e atentos ás próximas datas dos talleres
Noticias
TALLER DE EDUCACIÓN DIABETOLÓXIA «ACTUALIZACIÓN SISTEMAS DE MEDICIÓN CONTINUA E SENSORES»
O pasado sábado, tivemos a oportunidade de coñecer o funcionamento dos sistemas de medición continua e sensores que hai no mercado, sobre todo dos que están incluídos no sistema de financiamento do Sistema Nacional de Saúde e que nos poden facer a vida con diabetes moito máis fácil.
Ampliar ou actualizar os nosos coñecementos son a base para saber xestionar a nosa diabetes.
¡Las distancias no existen cuando la meta es la misma! ⚓️💙
Nos hace muchísima ilusión anunciar que la Asociación Diabetes Ferrolterra (ADF) y SODICAR (Sociedad de Diabetes de Cartagena y Comarca) se dan la mano oficialmente. 🤝
¿Qué nos une? Mucho más de lo que parece:
- ADN Naval: Compartimos la historia de Navantia y nuestras bases navales.
- Corazón compartido: Sabemos que hay muchos ferrolanos en Cartagena y cartageneros en Ferrol.
- Nuestra misión: Cuidar, informar y acompañar a las personas con diabetes.
¿Qué significa esto para ti? Si eres socio de una, ¡estás en casa en la otra! 🏠
- Si eres socio de SODICAR y estás en Ferrol, puedes participar en nuestras actividades y pedir apoyo.
- Si eres de Ferrolterra y te desplazas a Cartagena, el equipo de SODICAR te recibirá con los brazos abiertos.
¡Porque juntos somos más fuertes!
#Diabetes #Ferrol #Cartagena #Navantia #Solidaridad #DiabetesFerrolterra #Sodicar #Salud #Comunidad
CONDUCIENDO CON RESPONSABILIDADE E DIABETES
O pasado sábado, no Hotel Almirante Ferrol, tivemos unhas charlas moi interesantes.
A primeira delas: Conduciendo con responsabilidade e diabetes, indícanos a importancia e obligación de declarar esta condición á hora de renovar o carnet de conducir, así como a necesidade de levar suplementos que nos remonten ante unha hipoglucemia e non seguir ao volante se nos atopamos mal.
A continuación o presidente de ALCER Coruña falóunos da Enfermedad Renal Crónica, por desgracia asociada nalgúns casos á diabetes e a importancia da doazón de órganos
Por último, o presidente da nosa asociación presentóunos o proxecto CRECER SEN DIABETES, unha iniciativa enfocada no diagnóstico precoz da diabetes tipo I
XORNADA 14 DE NOVEMBRO
A xornada do 14 de novembro, dedicámola a promover a concienciación e prevención da diabetes e estivemos a informar, a todos aqueles que se achegaron ás nosas mesas, sobre a importancia de levar unha vida saudable.
Queremos agradecer o apoio ofrecido aos responsables e traballadores tanto do Hospital Arquitecto Marcide como do C.S. de Caranza,así como aos estudantes do grao de Enfermería e Podoloxía da Facultade de Enfermaría e Podoloxía, Universidade da Coruña por estar aí un ano máis poñendo os seus coñecementos á nosa disposición
DÍA MUNDIAL DA DIABETES 2025
Como xa sabedes o próximo 14 de novembro conmemórase o Día Mundial da Diabetes.
Continuando co tema escollido para o período 2024-2026, este ano dedícase ao Benestar no traballo xa que a pesar dos avances tecnolóxicos e médicos que nos permiten ás persoas con diabetes levar unha vida máis saudable e ter un maior control sobre a nosa enfermidade, seguímonos atopando con problemas á hora de acceder a determinados postos de traballo o que nos leva, algunhas veces, a ocultar a nosa condición antes de ser discriminados laboralmente.
Este descoñecemento sobre a diabetes e a falta de apoio na contorna laboral, xera ansiedade e falta de confianza para integrarse no grupo de traballo, impactando negativamente no noso benestar emocional.
Convidámosvos a tod@s a participar nas actividades programadas pola nosa asociación.
O mesmo día 14 estaremos no Hall do Arquitecto Marcide con mesas informativas e revisión do pé diabético coa colaboración d@s alumn@s Facultade de Enfermaría e Podoloxía e o sábado 15, tres interesantes charlas no Hotel Almirante.
Haciendo camino
A Asociación únese ao proxecto da Federación Española de Diabetes (FEDE) e a Fundación para a Saúde Novo Nordisk España (FSNN) no reto para percorrer os últimos 101,7 km do Camiño Portugués pola Costa ata Santiago de Compostela.
#HaciendoCamino ten como obxecto visibilizar a diabetes e mostrar que ter diabetes non é un impedimento para levar unha vida activa e saudable.
Ao finalizar cada etapa profesionais da saúde imparten sesións educativas sobre o control da diabetes, alimentación, exercicio físico… porque Facendo o Camiño non só consiste en camiñar, senón en recibir a formación necesaria para afrontar o noso día a día coa diabetes.
O vindeiro domingo 21 de setembro, alcanzaremos a meta ao chegar á Praza do Obradoiro en Santiago de Compostela, despois de pasar por localidades como Redondela, Pontevedra, Caldas de Reis e Padrón…
ACADEMIA ARESXSALUD CEAS SAUDABLES
Hoxe estivemos en Ares xunto con OÍDO COCIÑA elaborando ceas saudables, nunha actividade coordinada co Concello de Ares e #RECAPS Ferrol, porque unha alimentación sa non ten por que ser aburrida.
Levar unha vida activa e saudable prevén ou retrasa a aparición de diabetes tipo II, por iso é moi importante a implicación das administracións nas tarefas de divulgación.
Moitas grazas por contar connosco nesta ocasión



