DÍA MUNDIAL DA DIABETES 2025

Como xa sabedes o próximo 14 de novembro conmemórase o Día Mundial da Diabetes.
Continuando co tema escollido para o período 2024-2026, este ano dedícase ao Benestar no traballo xa que a pesar dos avances tecnolóxicos e médicos que nos permiten ás persoas con diabetes levar unha vida máis saudable e ter un maior control sobre a nosa enfermidade,  seguímonos atopando con problemas á hora de acceder a determinados postos de traballo o que nos leva, algunhas veces, a ocultar a nosa condición antes de ser discriminados laboralmente.

Este descoñecemento sobre a diabetes e a falta de apoio na contorna laboral, xera ansiedade e falta de confianza para integrarse no grupo de traballo, impactando negativamente no noso benestar emocional.

Convidámosvos a tod@s a participar nas  actividades programadas pola nosa asociación.
O mesmo día 14 estaremos no Hall do Arquitecto Marcide con mesas informativas  e revisión do pé diabético coa colaboración d@s alumn@s Facultade de Enfermaría e Podoloxía e o sábado 15, tres interesantes charlas no Hotel Almirante.

Publicado en Noticias.