Taller «Cando a Diabetes é un máis na familia»

O diagnóstico dunha enfermidade crónica a un dos nosos fillos ou fillas tamén adoita ser un evento traumático para nos, pais e nais, manifestando emocións como enoxo ou culpa… En moitas ocasións vivimos o “debut” como unha perda, pois pensamos que o futuro do noso fillo/a truncouse para sempre.
Neste taller impartido polo Centro de Psicología VITEI, aprenderemos a xestionar a nosas emocións, os nosos temores ante a incertenza achega do futuro, o medo á independencia do neno/a cando estes fanse maiores e empezan a tomar o control das súas vidas…
Inscríbete no correo: taller@diabeticosferrolterra.org

 

126305771_3462372977189382_1032122778462593187_n

PARTICIPACIÓN LOTERIA NAVIDAD

Seguro que este ano toca!!!! Tédela no local e tamén en Farmacia Francisco Fernández García na Rúa Real, 101 en Ferrol (esquina Rúa da Terra – Praza de Armas). Próximamente irémosvos diciendo en que outros sitios podedes adquirila.

Lotería de Navidad

 

RENOVACIÓN DE CARGOS NA XUNTA DIRECTIVA DA FEDERACIÓN GALLEGA DE ASOCIACIÓNS DE PERSOAS CON DIABETES (FEGADI)

Composición da nova Directiva de FEGADI, elexida en Asamblea Xeneral opasado 12 de xuño:

Presidencia e Secretaría: Asociación de Diabetes Ferrolterra (ADF)

Vicepresidencia: Asociación Compostelana de Diabéticos

Tesorería: Asociación Coruñesa de Personas con Diabetes (ACODI)

Vocais: Asociación de nenas, nenos e xente nova con diabetes (Anedia) de Pontevedra y Asociación Diabética Auria (Ourense)

INFORMACIÓN DO SERGAS PARA A CIDADANÍA-CORONAVIRUS

Información sobre consultas, probas diagnósticas non urxentes e actividade cirúrxica programada

-Tanto as citas de atención primaria como hospitalaria poderán ser reprogramadas seguindo criterios clínicos, e sempre se comunicarán os cambios de xeito individual. Na medida do posible, serán substituídas por atención non presencial.

-Calquera cambio na cita será comunicado de xeito individual, e se non recibe unha chamada por parte do Servizo Galego de Saúde, mantense a cita que xa ten.

-A actividade cirúrxica programada, salvo as recollidas no Decreto 105/2017 (patoloxías severas ou cancros, entre outras), poderán ser suspendidas ou aprazadas.

-Suspéndense os programas de cribado, sen embargo, realizaranse as probas diagnósticas derivadas destes programas, no caso que deran positivo.

-Mantense  o calendario vacinal infantil.

LEMBRA: O TEU PAPEL É IMPORTANTE, QUEDA NA CASA

USO DO 061 PARA CASOS GRAVES E EMERXENCIAS, E O 900 400 116 PARA DÚBIDAS

A Consellería de Sanidade vén de reforzar o teléfono 900 400 116 co obxectivo de axilizar a atención á poboación para a atención exclusiva ás consultas e as solicitudes de información para aquelas persoas que teñan síntomas leves de coronavirus, estiveran nunha zona de risco, ou tiveran contacto estreito cunha persoa que dera positivo en coronavirus .

O reforzo da atención telefónica ao 900 400 116 co persoal teleoperador engádese a outras ferramentas de atención e consulta como o formulario de autotest sobre o coronavirus, dispoñible na páxina do Servizo Galego de Saúde https://coronavirus.sergas.es.

LEMBRA: O TEU PAPEL É FUNDAMENTAL, QUEDA NA CASA