A Consellería de Sanidade vén de reforzar o teléfono 900 400 116 co obxectivo de axilizar a atención á poboación para a atención exclusiva ás consultas e as solicitudes de información para aquelas persoas que teñan síntomas leves de coronavirus, estiveran nunha zona de risco, ou tiveran contacto estreito cunha persoa que dera positivo en coronavirus .
O reforzo da atención telefónica ao 900 400 116 co persoal teleoperador engádese a outras ferramentas de atención e consulta como o formulario de autotest sobre o coronavirus, dispoñible na páxina do Servizo Galego de Saúde https://coronavirus.sergas.es.
LEMBRA: O TEU PAPEL É FUNDAMENTAL, QUEDA NA CASA
