Haciendo camino

A Asociación únese ao proxecto da Federación Española de Diabetes (FEDE) e a Fundación para a Saúde Novo Nordisk España (FSNN) no reto para percorrer os últimos 101,7 km do Camiño Portugués pola Costa ata Santiago de Compostela.

#HaciendoCamino ten como obxecto visibilizar a diabetes e mostrar que ter diabetes non é un impedimento para levar unha vida activa e saudable.

Ao finalizar cada etapa profesionais da saúde imparten sesións educativas sobre o control da diabetes, alimentación, exercicio físico… porque Facendo o Camiño non só consiste en camiñar, senón en recibir a formación necesaria para afrontar o noso día a día coa diabetes.

O vindeiro domingo 21 de setembro, alcanzaremos a meta ao chegar á Praza do Obradoiro en Santiago de Compostela, despois de pasar por localidades como Redondela, Pontevedra, Caldas de Reis e Padrón…

ACADEMIA ARESXSALUD CEAS SAUDABLES

Hoxe estivemos en Ares xunto con OÍDO COCIÑA elaborando ceas saudables, nunha actividade coordinada co Concello de Ares e #RECAPS Ferrol, porque unha alimentación sa non ten por que ser aburrida.


Levar unha vida activa e saudable prevén ou retrasa a aparición de diabetes tipo II, por iso é moi importante a implicación das administracións nas tarefas de divulgación.


Moitas grazas por contar connosco nesta ocasión

 

COIDÁNDOTE CADA DÍA

Este sábado, 31 de maio, un novo taller dirixido a personas con diabetes tipo I, onde o noso educador en diabetes falaranos do manexo das insulinas e como funcionan no noso corpo.
Uns coñecementos moi necesarios que nos axudarán a controlar as nosas glucemias

SABORES QUE COIDAN

O venres, 9 de maio, no local OÍDO COCIÑA de Narón, realizamos un taller de cocina onde elaboramos un menú completo e saudable.

Cando pensamos en dieta sa, pensamos en comida pouco apetecible. Pero isto non ten por que ser así, senón mirade qué boa pinta teñen estos pratos

A DIABETES E O BENESTAR

Como cada ano, informámosvos do programa da nosa asociación polo Día Mundial da Diabetes.
«A DIABETES E O BENESTAR» é o tema elixido para o periodo 2024-2026. En concreto, o lema baixo o que celebramos o DMD 2024 é «PARA UNHA MELLOR VIDA CON DIABETES, MIREMOS MÁIS ALÓ DA GLUCEMIA» porque centrarnos só nunha cifra pode resultar esgotador.

Unha persoa con diabetes ten que tomar decisións continuamente para xestionar a súa enfermidade tanto no fogar como no traballo e a escola e isto pode afectar o seu benestar físico e mental.

As mesas informativas estarán o mesmo día 14 no Hall do Arquitecto Marcide e o sábado 16, duas interesantes charlas sobre “FÍGADO GRAXO E ERC” e “EXERCICIO FÍSICO E DIABETES” con entrada libre ata completar aforo.

Para os demáis talleres será necesaria a inscripción previa e terán preferencia soci@s de ADF.
Iremos informando de cada unha das actividades en días previos a estas
#PrescribeAsociacionismoenDiabetes
#VidaConDiabetes