A DIABETES E O BENESTAR

Como cada ano, informámosvos do programa da nosa asociación polo Día Mundial da Diabetes.
«A DIABETES E O BENESTAR» é o tema elixido para o periodo 2024-2026. En concreto, o lema baixo o que celebramos o DMD 2024 é «PARA UNHA MELLOR VIDA CON DIABETES, MIREMOS MÁIS ALÓ DA GLUCEMIA» porque centrarnos só nunha cifra pode resultar esgotador.

Unha persoa con diabetes ten que tomar decisións continuamente para xestionar a súa enfermidade tanto no fogar como no traballo e a escola e isto pode afectar o seu benestar físico e mental.

As mesas informativas estarán o mesmo día 14 no Hall do Arquitecto Marcide e o sábado 16, duas interesantes charlas sobre “FÍGADO GRAXO E ERC” e “EXERCICIO FÍSICO E DIABETES” con entrada libre ata completar aforo.

Para os demáis talleres será necesaria a inscripción previa e terán preferencia soci@s de ADF.
Iremos informando de cada unha das actividades en días previos a estas
#PrescribeAsociacionismoenDiabetes
#VidaConDiabetes 

Publicado en Actividades, Noticias.