– INFORMACIÓN SOBRE CONSULTAS, PROBAS DIAGNÓSTICAS NON URXENTES E
ACTIVIDADE CIRÚRXICA PROGRAMADA
-Tanto as citas de atención primaria como hospitalaria poderán ser reprogramadas seguindo criterios clínicos, e sempre se comunicarán os
cambios de xeito individual. Na medida do posible, serán substituídas por atención non presencial.
-Calquera cambio na cita será comunicado de xeito individual, e se non recibe unha chamada por parte do Servizo Galego de Saúde, mantense a cita que xa ten.
-A actividade cirúrxica programada, salvo as recollidas no Decreto 105/2017 (patoloxías severas ou cancros, entre outras), poderán ser
suspendidas ou aprazadas.
-Suspéndense os programas de cribado, sen embargo, realizaranse as probas diagnósticas derivadas destes programas, no caso que deran
positivo.
-Mantense o calendario vacinal infantil.
