INFORMACIÓN DO SERGAS PARA A CIDADANÍA-CORONAVIRUS

Información sobre consultas, probas diagnósticas non urxentes e actividade cirúrxica programada

-Tanto as citas de atención primaria como hospitalaria poderán ser reprogramadas seguindo criterios clínicos, e sempre se comunicarán os cambios de xeito individual. Na medida do posible, serán substituídas por atención non presencial.

-Calquera cambio na cita será comunicado de xeito individual, e se non recibe unha chamada por parte do Servizo Galego de Saúde, mantense a cita que xa ten.

-A actividade cirúrxica programada, salvo as recollidas no Decreto 105/2017 (patoloxías severas ou cancros, entre outras), poderán ser suspendidas ou aprazadas.

-Suspéndense os programas de cribado, sen embargo, realizaranse as probas diagnósticas derivadas destes programas, no caso que deran positivo.

-Mantense  o calendario vacinal infantil.

LEMBRA: O TEU PAPEL É IMPORTANTE, QUEDA NA CASA

Publicado en Noticias.