3ª ETAPA: O CAMIÑO PORTUGUÉS

Esta fin de semana finalizamos OS CAMIÑOS DA DIABETES, proxecto beneficiario do programa O TEU XACOBEO da Xunta de Galicia.

O sábado partimos de Caldas de Reis ata Pontecesures, ás beiras do río Ulla. Ao norte da provincia de Pontevedra. Tivemos sorte e o tempo acompañounos a pesares de ameazar choiva polo que chegamos á vila e puidemos disfrutar percorrendo as súas rúas e a contorna.

Pola tarde foi un pracer escoitar a BLACK, SPECIAL SOUL que amenizounos a velada coa súa música e a Andrés Peña Álvarez, psicólogo, enfermeiro educador en diabetes e persoa con Diabetes tipo 1 que falounos do “Presente e futuro da Diabetes tipo 2”.

O domingo 25 de septembro, por fin, OS CAMIÑOS DA DIABETES chegaron ata a Santiago de Compostela!!!

Unha experiencia moi positiva, na que tentamos achegar a realidade da diabetes a parte da poboación galega que non ten acceso a formación nesta enfermidade ao mesmo tempo que puxemos en práctica os nosos coñecementos á hora de realizar unha actividade física que, nalgún momento, resultounos extenuante.
Queremos agradecer unha vez máis a todos aqueles que colaboraron connosco nesta aventura: Concello de Narón , Concello de Mondoñedo , Concello de Portomarín , Concello De Pontecesures , AECC A Coruña , Aventeira. Cooperativa de Educación e Lecer , Noelia Castro Podoloxia, Ermitas Treus Piñeiro, Andres Peña Álvarez e os artistas que nos entretiveron nestas xorrnadas: Trivilorio Impro , Kiko Pastur , Black Special Soul. Moitas grazas a todos e… ata a próxima!!!

*Todas as persoas que participaron nesta actividade teñen a pauta de vacinación completa e sempre antes de cada Camiño cada un deles fíxose un test de antíxenos

https://xacobeo2021.caminodesantiago.gal/…/o-teu-xacobeo
#OteuXacobeo
#Xacobeo2021
#OsCamiñosdaDiabetes

3º Etapa

Publicado en Actividades, Noticias.